Google Ads SEM

Descripción do emprego: En Nasas estamos buscando unha nova persoa para o noso equipo, desenvolvendo tarefas de creación de contidos dixitais, como xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet: social ads e...

Descripción do emprego:


En Nasas estamos buscando unha nova persoa para o noso equipo, desenvolvendo tarefas de creación de contidos dixitais, como xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet: social ads e SEM, xestión da reputación online e escoita activa.


Requisitos:


  • Compartir o noso compromiso coa sostibilidade, a inclusión e o desexo de xerar un impacto positivo no mundo.
  • Estudos superiores: Licenciatura.
  • Redacción creativa e capacidade de conceptualización.
  • Experiencia mínima de 4 anos en cliente ou axencia xestionando contas en redes socias para grandes marcas: contidos, elaboración de informes de reporting, xestión de social ads, xestión de concursos. Achegar exemplos de páxinas en redes sociais que xestionaras para marcas, empresas, entidades, etc. 
  • Idiomas: perfecto coñecemento do galego e castelán, falado e escrito (Imprescindible). Bo coñecemento do inglés, falado e escrito.
  • Usuario frecuente de redes sociais Facebook, Twitter, Instagram, Linkedin, Tik Tok e Youtube.
  • Creatividade, curiosidade, proactividade, responsabilidade, autonomía.
  • Experiencia mínima en xestión de wordpress e redacción de contidos para blog.


Desexable: 


  • Experiencia en xestión de campañas Paid Social e SEM (Google Ads)
  • Experiencia en xestión da escoita activa e monitorización en internet.


Que ofrecemos?


- Bo ambiente de traballo.

- Salario competitivo según experiencia e valía do candidato.

- Incorporación inmediata.


Solicitude:


Envía por favor o teu CV con exemplos de contas que xestionaches e un pequeno resumo informal de quen es: que che gusta, interesa, que fixeches previamente (max 6 liñas) a [email protected] co asunto REF. Vacante Nasas Contidos dixitais antes do 6 de outubro de 2022


A incorporación sería para a na nosa sede no centro da Coruña.

¡No te pierdas nada!

Únete a la comunidad de wijobs y recibe por email las mejores ofertas de empleo


Nunca compartiremos tu email con nadie y no te vamos a enviar spam

Suscríbete Ahora

Últimas ofertas de empleo de Publicidad y Comunicación en A Coruña