Requisitos Estar matriculada nun programa de doutoramento da Universidade de Vigo a tempo completo no curso 2024/25 ou estar en disposición de matricularse na data de formalización do contrato. Non ter iniciada a súa formación predoutoral con financiamento doutras axudas destinadas á formación predoutoral a través do desenvolvemento dunha tese de doutoramento que se outorgasen no marco do Plan Estatal de Investigación, Científica e Técnica ou dalgún dos anteriores plans nacionais. Non posuír un título de doutora ou doutor. Prazo de presentación de solicitudes Do 31 de outubro ao 28 de novembro de 2024.
Documentación Formulario de solicitude conforme ao anexo IV. Copia de pasaporte só para as persoas extracomunitarias que empreguen o procedemento excepcional sinalado no último parágrafo da base sexta. Copia das certificacións académicas das titulacións universitarias que se posúan ou das ensinananzas superadas na data de presentación da solicitude expedidas e facilitadas pola entidade académica correspondente na que consten as cualificacións obtidas. Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros debidamente asinada, só para o caso de títulos estranxeiros. Curriculum vitae abreviado conforme a modelo normalizado > onde deben constar especificamente as achegas científico-técnicas e a mobilidade e internacionalización así como a breve descrición do TFG e TFM coas puntuacións obtidas. Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública. Cada solicitude poderá referirse a máis dun proxecto de investigación sinalado no anexo II desta convocatoria, pero os proxectos sinalados deben corresponder á mesma área temática.
Observacións O formulario de solicitude xunto coa documentación exixida na base quinta da convocatoria debe ser presentada a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo > a través do procedemento «SINV-Axudas FPI», pulsando o botón «Iniciar tramitación».
De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a ****** antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
Consulta máis información na convocatoria publicada pola Universidade de Vigo.
#J-18808-Ljbffr
Ver más
¡No te pierdas nada!
Únete a la comunidad de wijobs y recibe por email las mejores ofertas de empleo
Nunca compartiremos tu email con nadie y no te vamos a enviar spam
Suscríbete AhoraÚltimas ofertas de empleo de Educación y Formación en A Coruña
Emprego Galicia
Arzúa, ES
Fundación Cibervoluntarios - Cybervolunteers Foundation
Coruña, A, ES